miércoles, 10 de diciembre de 2014

Ciencia que conta - ''Unha nova mascota''

Ola a todos. Hoxe vou ensinaros o meu traballo de ''Ciencia que conta'' que trataba de engadirlle hiperenlaces a un relato e eu escollín este para facer a miña tarea. A verdade é que resultoume sencillo de facer e entretido. Espero que vos guste, un saúdo.

                       UNHA NOVA MASCOTA
  Manuel Francisco Lamela Gómez
  IES Basanta Silva (Vilalba)
 Cheguei famento do colexio coma sempre. Senteime e xa estaban to - dos esperándome. Destapei a pota e, gran decepción... outra vez ervellas! Nunca me gustaran. Servinme unhas poucas porque a miña nai se empeñaba en que había que comer de todo aínda que fose pouca canti - dade. Pero esta vez quedei mirando para elas e comecei a pensar no que nos contara o noso profesor de Bioloxía sobre Mendel e os seus experi - mentos. Sorrín imaxinando a cara dos monxes cando viron que Mendel enchera o horto de ervellas e imaxineinos fartos e enfadados por ter sem - pre o mesmo menú. A miña nai estaba observándome e preguntoume: —En que pensas? —En Mendel e os seus experimentos –contestei. —Como? —Nada mamá, nada. O meu irmán pequeno era moi curioso e non quedou conforme coa resposta e insistiu: —Que experimentos? —Os de Mendel, observando o comportamento das ervellas foi quen de explicar como se herdan as características na descendencia. —Onde vivía? —Vivía no mosteiro de Brno e como necesitaba moitas plantas para investigar aproveitou o horto para sementar ervellas. O horto do mostei - ro só produciu ervellas durante varios anos e os monxes protestaban por - que o menú era sempre o mesmo. Pero o abade sempre apoiou a Men - del e de nada lles servía queixarse. —Eu non quixera estar na pel deles –comentei. —Non, a ti víate mal –dixo a miña nai. —Pero non entendo que facía coas ervellas? –preguntou o meu irmán. —Sementou un montón de ervellas e despois cando medraban as plantas arrincaba as de talo alto e só quedaba coas de talo baixo. Cruzou as de talo baixo ata que conseguiu que as plantas baixas só tivesen des - cendencia de plantas baixas. E despois fixo o mesmo coas de talo alto. Así chegou a variedades puras. Experimentou con outros tipos: lisa, ru - gosa; amarela, verde... —Por que? –dixo o meu irmán. —Buscaba variantes puras para despois facer el as mesturas e descu - brir como se transmiten as características. Sabendo as características que Secundaria 47 ten unha planta e sabendo como se transmiten podía dicir como sería o híbrido que saía delas despois de mesturalas. —Híbrido? –volveu preguntar o meu irmán. —Unha variante cruzada. Mendel eliminaba o pole dunha das plan - tas e depositaba sobre as flores das plantas nas que quería que se produ - cisen as sementes o pole da planta coa que a quería cruzar. —Eu –dixo o meu pai– lembro de pequeno que o meu avó buscaba as mellores plantas para a semente e que cun pincel collía pole dunha planta e pasábao por outra para cruzalas. Dicía que así conseguían as máis resistentes. —Que divertido, por que non nos ensinas a facelo? —Claro que si! —E que descubriu Mendel? –seguía preguntando moi interesado o meu irmán. —Despois de varios experimentos puido formular tres leis que permi - ten saber as características da descendencia antes de nacer. A primeira lei di que ao mesturar dúas especies puras que se diferen - cian nunha característica a descendencia da primeira xeración será toda igual. Se se cruza unha planta pura de ervella lisa e unha planta pura de ervella rugosa todos os fillos terán as sementes lisas. A segunda lei di que ao cruzar entre si os fillos que saíron da anterior mestura haberá catro tipos de descendentes: unha cuarta parte parecera - se á avoa, outra ao avó e a metade restante parecerase aos pais. Se cruza - mos entre si sementes lisas, fillos de pai liso puro e unha nai rugosa pura, por cada catro novos fillos tres serán lisos e outro rugoso. Na terceira lei di que os cruzamentos entre plantas que teñen dúas ca - racterísticas diferentes, por exemplo ervellas de semente lisa e amarela con ervellas de semente verde e rugosa, esas características crúzanse se - gundo as leis anteriores pero son independentes entre si. A cor non in - flúe en que sexa rugosa ou lisa, e viceversa. —Canto dan de si as ervellas! –dixo a miña nai. —Non son as ervellas, é a curiosidade e a teima dun científico. Aprendera de pequeno na granxa do seu pai a observar as plantas e tamén a practicar distintas técnicas como a hibridación e ademais estaba todo o día lendo. Tivo a sorte de que o mandaran dende o mosteiro á universidade de Viena e alí aprendeu a importancia de encontrar leis que expli - quen como funciona a natureza, aprendeu a planificar e deuse de conta de que para descubrir algo hai que buscalo. —Teimudos, traballadores, curiosos, os científicos son así –dixo a miña nai. —Ben, eu xa non vou queixarme máis das ervellas; despois de todo, grazas a elas, apareceu unha nova ciencia: a xenética. No verán quero que 48 Ciencia que conta 2013 me deixedes plantar no horto ervellas de dous tipos e practicar o proce - so de hibridación. Así penso que me gustarán máis. —As túas ervellas unha nova mascota, non? —Pois si!

No hay comentarios:

Publicar un comentario